“Recollemos o vento e convertémolo en progreso e benestar”.Jorge Rosende, 12 anos en Gas Natural Fenosa

 

Os galegos sabemos que aquí o vento é diferente como o Nordés ou o Xilsa, que están cheos de enerxía. Temos que aproveitalos!

Que?

10 + 11 parques eólicos
En Galicia operamos 275 MW en 10 parques e estamos a desenvolver 300 MW noutros 11 parques máis, como o de Cordal de Montouto.

Aposta pola tecnoloxía
Levaremos a cabo a repotenciación do parque eólico de Cabo Vilano (Camariñas) onde se substituirán 22 máquinas construídas nos anos 90 por dúas máis modernas e eficaces.

 

Para quen?

  • Para o noso medio, porque ao apostar por unha enerxía limpa, sostible e respectuosa coa natureza tamén estamos a apostar pola conservación da nosa terra.
  • Para a economía galega que, directa ou indirectamente, se ve beneficiada desta aposta pola industria eólica.

 

Jorge Rosende
enerxia-creativa

enerxia-creativa-mapa

E isto non é todo.