“Dende Galicia coordinamos todas as distintas áreas da compañía relacionadas coa enerxía hidráulica”.Iago Taboada, 6 anos en Gas Natural Fenosa

 

A auga é esencial no noso futuro enerxético. No CIEH de Vigo impulsamos iniciativas innovadoras que aplicamos en Galicia e exportamos a todo o mundo.

Que?

Centro de innovación
Dende este centro, os nosos investigadores e prestixiosos expertos desenvolven os proxectos máis innovadores en tecnoloxía hidráulica.

De Galicia ao mundo
As ideas que nacen neste centro galego incorpóranse nas nosas centrais en España, Costa Rica, Panamá ou calquera lugar do mundo.

Como complemento a este centro de innovación, no Centro Unificado de Operación Hidráulica situado en Ourense, coordinaremos de forma centralizada toda a explotación, operación e mantemento dos activos de xeración hidráulica e mariña de toda a compañía.

Para quen?

  • Para os investigadores e profesionais, estudantes ou profesionais, que teñen no CIEH unha oportunidade para levar a cabo proxectos de desenvolvemento e innovación para Galicia.
  • Para os galegos xa que dende o CIEH se promoven acordos de colaboración coas universidades galegas, centros tecnolóxicos, de investigación e empresas de recoñecido prestixio internacional.

 

Iago Taboada
enerxia-creativa

enerxia-creativa-mapa

E isto non é todo.