“Os Peares é cultura, formación, lecer e natureza… pero tamén é dinamismo económico para a bisbarra!”.Dolores Lema, 36 anos en Gas Natural Fenosa

 

Antes da automatización da central, aquí era onde vivían os traballadores. Hoxe recuperamos Os Peares para convertelo nun espazo de formación multidisciplinar a disposición dos galegos.

Que?

A recuperación dun lugar único
30.000 m2 de infraestrutura nun ámbito tan singular como fermoso e que convertemos en instalacións de formación multidisciplinar para realizar programas de inmersión lingüística para todos os colectivos e idades, campamentos xuvenís ou reunións empresariais, así como actividades para facer turismo en xeral.

Colaboración con empresas galegas
Dúas empresas galegas encárganse da explotación dos Peares. Son TourGalia e Vida Láctea e cos seus 10 anos de experiencia manterán o poboado vivo todo o ano.

 

Para quen?

  • Para os alumnos, que queiran aprender idiomas neste ámbito único.
  • Para as empresas que desexen realizar as súas reunións ou concentracións nun espazo tranquilo e libre de distraccións.
  • Para toda a bisbarra, porque a recuperación do poboado xerará novos postos de traballo e activará a economía de lecer e turismo local.

 

Dolores Lema
enerxia-creativa

enerxia-creativa-mapa

E isto non é todo.